Evaristo A
March 12, 2025
Estivemos moi a gusto neste hotel, o persoal foi moi amable tanto en recepción como á hora do almorzo. Disto último teño que destacar que, como celíaco, é a primeira vez que, nun establecemeno hoteleiro, me ofrecen unha bolsa para que eu poida torrar o meu pan con seguridade (téñoas na casa pero esquecime de collelas) sen nin siquera ter que pedilo. Ademais, ofrecéronme diversos productos sen glute, ademais do mencionado pan, polo que o trato na hora do almorzo foi excepcional. O cuarto non moi grande, pero cómodo e, a pesar de estar ó hotel á beira dunha estrada concorrida, era silencioso. Ademais a temperatura no cuarto era agradable, estaba moi limpo e o baño tamén era moi cómodo (prato de ducha). Tamén no cuarto está a única cousa que non nos gustou, non existía un armario como tal, só unha barra con perchas e o oco debaixo dunha das mesillas. Para min isto é incómodo, gústame ter baldas e caixóns para deixar as miñas cousas, ademais de que a roupa non quede á vista. No oco onde estaba a barra con perchas e parte da mesilla collería perfectamente un armario, penso que é algo que se debería mellorar (aínda que igual hai outras persoas que o prefiren así) Con todo, a estancia foi moi boa, e , se temos ocasión, repetiremos... Grazas por todo.
Translate